Detido un falso enfermeiro

A Garda Civil detivo hoxe a un veciño de Culleredo que empregaba un título falso de Grao de Enfermería para intentar acceder ao emprego. O home, a quen se imputan supostos delitos de falsidade documental e de intrusismo profesional, respondeu a un anuncio de emprego posto en internet por unha residencia de maiores debido á crise desatada pola COVID-19. A residencia tivo dúbidas dende o primeiro momento sobre a profesionalidade do candidato e sobre a veracidade da súa acreditación, e así llo comunicou á Garda Civil. O corpo de seguridade comprobou a documentación desta persoa e contactou coa universidade madrileña onde supostamente obtivera o título, así como co Colexio Oficial de Enfermería de Madrid. Estas pesquisas confirmaron a falsidade dos documentos achegados polo aspirante. Foi detido e posto a disposición xudicial. A investigación segue aberta sobre o resto de titulacións acreditadas polo detido, que se sospeita sexan tamén falsas e foron empregadas en postos de traballo anteriores.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s