Segundo día de expansión da epidemia por riba da media galega

A área da Coruña acadou hoxe, segundo cifras feitas públicas polo Sergas, 1.550 casos activos de COVID-19, o que supón un crecemento do 4,38% no número de casos respecto a onte, con 1.485, 65 menos. Ademais, cinco persoas morreron en centros residenciais da cidade nas últimas horas: catro na residencia Claudina-Somoza e unha na Portazgo.

A Consellería de Sanidade informa hoxe de 6.637 casos activos de coronavirus na comunidade. Por áreas sanitarias e de máis a menos casos, logo da Coruña hai 1.301 en Ourense, 1.164 en Vigo, 1.078 en Santiago, 627 en Lugo, 535 en Pontevedra e 382 en Ferrol. Ourense segue sendo a área máis afectada por volume de poboación, aínda que é a nosa a que rexistra maior número de pacientes.

Do total de pacientes positivos en Galicia, 92 permanecen en UCI, 568 están en unidades de hospitalización e 5.977 están no seu domicilio. No caso da área da Coruña, hai 150 persoas hospitalizadas, das que se atopan 23 en UCI. O Chuac ten 133 pacientes ingresados, incluídos todos os de UCI da área. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.676 altas de pacientes e 492 falecementos -dos cales 113 foron na área coruñesa-. O número de PCR realizadas é de 76.129.

As residencias da terceira idade e persoas dependentes seguen a ser centros especialmente vulnerables. Representan máis do 18% dos contaxios en Galicia e máis do 45% das mortes. Un 3,7% dos residentes contraeu coronavirus desde que comezou a pandemia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s