A taxa de aparición de novos casos baixa á metade

A área sanitaria da Coruña rexistrou esta mañá, segundo datos da Xunta de Galicia, 1.584 casos, o que supón 34 máis ca onte pero tamén un importante descenso na taxa de crecemento, ou polo menos de detección de novos casos, da doenza da COVID-19. Os novos casos medraron hoxe, xa que logo, un 2,19%, exactamente a metade que o día previo -4,38%-. Isto significa que por cada 100 pacientes de onte na área sanitaria hai hoxe aproximadamente 102. A nivel galego, sen embargo, a taxa segue sendo menor que na Coruña: con 6.704 pacientes hoxe, o crecemento foi do 1,01% respecto aos 6.637 de onte.

Desde onte houbo nove altas en centros da área coruñesa. Permanecen ingresadas 145 persoas, cinco menos ca onte, con 23 delas en UCI. O Chuac ten, contando con estes 23, 131 pacientes ingresados.

Ourense segue a ser a área sanitaria máis próxima, no número total de casos, á da Coruña, con 1.302. A de Vigo é a terceira con 1.169. A área compostelá rexistra 1.065 casos e hai 647 en Lugo, 550 en Pontevedra e 387 en Ferrol.

A nivel galego, hai 87 persoas en UCI ás que hai que sumar outras 531 hospitalizadas. Case 6.100 persoas son tratados no seu propio fogar. A día de hoxe en Galicia déronse 1.730 altas de pacientes e morreron 498 persoas de COVID-19. Fixéronse 78.822 PCR.

Un día máis, os contaxiados en residencias da terceira idade e de persoas dependentes son o 18% do total a nivel galego. Case o 46% dos mortos contraeu a doenza nun destes centros, nos que foi infectado un 3,7% dos residentes. Nas últimas 24 horas non se informou, sen embargo, de ningún falecemento nestes centros.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s