A Coruña prepárase para o desconfinamento dos menores

A Concellería de Medio Ambiente traballa desde o xoves na desinfección daqueles espazos abertos que poderán ser máis frecuentados por parte de nais e pais con fillas e fillos, polo que os seus equipos limparon xa todo o perímetro comprendido entre a Autoridade Portuaria e O Parrote, na Mariña; e o Paseo Marítimo desde o Castelo de San Antón até o Millennium.

Desde onte até hoxe, desinfectaranse o Campo de Marte e as prazas de España, Durmideiras (pista de patinaxe e a praza do mercado), Pontevedra, Portugal, Lugo (algo que xa se realiza todos os días igual que na praza de María Pita, pero que se reforzará na parte exterior), Vigo, Tabacos, Cubela e As Conchiñas-rúa Barcelona, así como as prazas de Recife, Pablo Iglesias, Salvador de Madariaga, a do parque dos Mariñeiros (na zona do Centro Ágora), a da Constitución, Tolerancia, Elíptica, Sagrada Familia e a de Padre Rubinos.  

Á hora de trazar este mapa para a limpeza, valoráronse os lugares cunha maior densidade de poboación e se existen ou non zonas verdes neles. O procedemento é por baldeo, fumigación e nebulización e hai moitos espazos en que predomina a zona vexetal, que non se pode desinfectar, e tamén se habilitarán para o ocio das nenas e dos nenos, como son o Parque Europa, Paseo das Pontes, Parque de Santa Margarida, Parque de San Diego e o de Oza, os Xardíns de Méndez Núñez, a Praza da Palloza, Catro Camiños, a zona das Paxariñas, Parque de Adolfo Suárez, Parque de Eirís etc.      

Por outra banda, se algún lugar en concreto non aparece na listaxe non quere dicir que non estea sendo tratado, xa que a cidade está sendo obxecto diariamente de labores de desinfección.   

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s