Éxito do “En Liña” para o deporte na casa

Vai agora un mes que a Concellería de Deportes puxo en funcionamento a páxina web https://www.coruna.gal/deportes/gl/actividades/en-lina para axudar ao mantemento do exercicio físico durante o confinamento.

O espazo dixital conta, ata o día de hoxe, cun total de 30 vídeos creados e gravados polo persoal das Escolas Deportivas Municipais, deseñados especificamente para practicar na casa durante o estado de alarma e adaptados ás distintas idades.

Desde a posta en marcha da web co primeiro vídeo contabilizáronse 104.254 visitas na páxina, cun total de 24.178 descargas únicas. “En liña” está dirixido a menores a partir de 6 anos, mocidade, persoas adultas, maiores e familias enteiras. O material que se precisa para realizar estes exercicios físicos é moi habitual en cada casa: botellas pequenas de auga, paquetes de arroz ou pasta, medias ou calcetíns. Este programa pode seguirse desde as redes sociais de Coruña Deporte en Facebook, Twitter e Instagram. Tamén no canal de Youtube e nas páxinas web do Concello da Coruña e na propia da Concellería de Deportes.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s