A Coruña converxe coas cifras galegas de COVID-19

Despois dunha semana onde a detección diaria de novos casos na área sanitaria da Coruña chegou a rozar o 5% diario, as cifras comezan a ser parellas, se ben superiores, ás do conxunto de Galicia. Hoxe a área sanitaria detecta 1.659 casos, 15 máis ca onte. Fan un total de 30 ao longo do fin de semana. Pola súa banda, Galicia sitúase nos 6.891, logo de medrar en 67 casos. O incremento porcentual de novos casos entre onte e hoxe é de 0,91 na Coruña e 0,51 en Galicia.

Na nosa área sanitaria hai 134 pacientes ingresados, o que supón 5 máis ca o domingo. Do total de pacientes, 21 están ingresados na UCI no Chuac. Déronse catro altas desde onte.

A Xunta actualizou esta mañá os datos de novos contaxiados nas áreas sanitarias galegas. A ourensá ten 1.315, e hai 1.219 na de Vigo. A de Santiago ten 1.067. A moita distancia se atopan Lugo -662-, Pontevedra -569- e Ferrol -400-. Do total de pacientes positivos, 83 permanecen en UCI, 507 están en unidades de hospitalización e 6.301 no domicilio. A día de hoxe déronse máis de 1.800 altas e producíronse 531 mortes por COVID-19 na nosa comunidade. O número de PCR realizadas é de 87.824.

A expansión do coronavirus en Galicia segue cebándose coas residencias de maiores e persoas dependentes. Entre usuarios e persoal, rexistran o 17,6% dos casos en Galicia. Case o 46% das mortes están relacionadas con estes centros.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s