A Coruña decreta loito oficial dende o primeiro luns de maio

O concello decretará loito oficial o luns 4 de maio polas vítimas do coronavirus. As bandeiras do pazo municipal ondearán a media hasta, en lembranza das persoas falecidas polo Covid-19. A medida foi adoptada por unanimidade de todos os grupos políticos da corporación. Así o anunciou esta mañá a alcaldesa, Inés Rey, tras a Xunta de Voceiros que se desenvolveu en María Pita e na que, ademais da rexedora e do portavoz do Goberno local, José Manuel Lage, estiveron presentes os voceiros de Marea Atlántica e do Partido Popular, María García e Roberto Rodríguez, o voceiro do Bloque Nacionalista Galego, Francisco Jorquera, e a voceira de Cidadáns, Mónica Martínez.  

“Acordouse por unanimidade declarar loito oficial en recordo de todas as persoas que faleceron nesta crise sanitaria, pola terrible traxedia que supón perder a un ser querido sen poder choralo nin despedilo”, anunciou a alcaldesa. Todas as voceiras e voceiros, dixo, cremos necesario e xusto gardar dó polas veciñas e veciños coruñeses que faleceron nesta pandemia, que suman na área sanitaria da Coruña un total de 114 persoas. A Xunta de Voceiros tamén acordou asinar unha declaración institucional que recolle a dita medida.  

Por outra banda, o Concello da Coruña ten previsto adherirse ao loito oficial se así o decretaren o Goberno do Estado ou a Xunta de Galicia.  

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s