Volven as contratacións e licitacións ao Concello

O Goberno local anunciou hoxe na Xunta de Voceiros a súa decisión de levantar a suspensión dos prazos administrativos de contratación coa declración do estado de alarma. O consistorio comezará de novo a aprobación de expedientes de contratación, retomará a apertura de novos procesos de licitación e continuará os trámites dos procedementos de adxudicación que quedaran suspendidos ao comezo do estado de alarma.

Segundo o voceiro do Goberno Local, José Manuel Lage, “trátase de continuar os procesos de contratación da Administración local xa abertos e iniciar as novas tramitacións, coa intención de dinamizar o tecido social e produtivo da cidade para minimizar o impacto da crise”.

Lage sinalou que, nos vindeiros días, “comezarán as notificacións e, no seu caso formalizacións, dos procesos que xa estaban sendo tramitados, e tamén se realizarán as mesas de contratación de forma telemática”. As mesas de contratación poderán desenvolver as súas reunións presencialmente ou por internet, a través de medios electrónicos que garantan a identidade dos asistentes, o contido das súas manifestacións, a interactividade e a intercomunicación en tempo real, así como a dispoñibilidade dos medios durante a sesión.

Segundo Lage: “Aprobamos o levantamento da suspensión dos prazos dos procedementos de contratación, ao entender que a licitación de moitas actuacións e servizos é indispensable para o funcionamento básico da Administración municipal e ao ser unha prioridade absoluta deste executivo contribuír a paliar as consecuencias económicas da crise sanitaria”.

A oposición reclama máis medidas
Durante a xunta de voceiros, o PP trasladou unha serie de propostas recollidas de entidades como APECCO ou AGRELA, así como un centenar de medidas propias. Para os populares, todas as reclamacións “coinciden na necesidade de activar medidas de reactivación fiscais, sociais, económicas e laborais, corroborando a solicitude Popular de aprobar xa unha primeira fase de axudas. Para iso, o PP quere revisar o orzamento aumentando os 6 millóns de euros que inicialmente pretende destinar o Goberno local a estas medidas e solicitar un préstamo para dispor de maior volume de fondos.

A voceira da Marea Atlántica, María García, defendeu a posta en marcha dun Plan de Emprego de Choque municipal, destinado a protexer aos sectores económicos máis afectados pola crise sanitaria, social e económica” causada pola pandemia. Esta iniciativa “debe compaxinarse cun plan de apoio a traballadoras e traballadores en réxime de autónomos, pemes e micropemes que mitigue o impacto da crise aló onde sexa preciso”, solicitan.

Pola súa banda, o BNG, por boca do seu portavoz Félix Jorquera, solicitou axilizar a concesión dun anticipo do 80% nas subvencións a aquelas entidades sociais que teñan convenios co Concello. Os nacionalistas lembran que se trata de asociacións veciñais ou culturais que “continúan a ter gastos correntes, mais que non poden desenvolver a súa actividade con normalidade”, algunhas delas tendo persoal contratado, o que as coloca “á beira do peche”. Na mesma reunión, Jorquera pediu un informe sobre a situación do Servizo de Axuda a Domicilio logo de terse detectado dous positivos por Covid-19 e un terceiro caso sospeitoso.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s