Impulso á arte local en tempo de pandemia

O presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, mantivo recentemente contacto telefónico co concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, para lle agradecer as iniciativas de apoio que está tendo o concello co fin de impulsar o traballo das e dos artistas plásticos locais, así como a preocupación que está amosando o equipo municipal polo futuro do sector.

A través dun vídeo , gravado dentro do programa da Concellería de Cultura “A nosa Arte en corentena”, en que as creadoras e os creadores da cidade falan da súa obra e de como están pasando este período de confinamento, Quintana Martelo abordou a situación do sector en Galicia e na Coruña ante a que posiblemente será unha das maiores crises culturais até o momento.

A Concellería de Cultura ofreceuse a colaborar ao longo das próximas semanas coa Real Academia Galega de Belas Artes na formulación dunha serie de accións para apoiar todas as disciplinas que comprenden o sector cultural da cidade, e que irán en paralelo a outras que está desenvolvendo a institución con outros organismos públicos galegos de cara a minimizar o impacto desta gran crise

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s