Máis de 100 licenzas urbanísticas durante o estado de alarma

O concello concedeu ata 101 licenzas urbanísticas entre o 5 de marzo e o 21 de abril, e a pesar do estado de alarma decretado pola pandemia sanitaria.  A administración destaca que foi posible grazas ao “esforzo das empregadas e dos empregados públicos, que nesta situación foron quen de resolver no mesmo período máis de 300 expedientes”, entre os que destacan as 101 licenzas; 126 obras en réxime de comunicado, así como exercicios de actividades e prórrogas.   

Deste volume de actividade na Concellería de Urbanismo, “que supón un importante impacto económico para a cidade”, segundo fontes municipais, tomará coñecemento mañá a Xunta de Goberno en sesión extraordinaria e urxente. Trátase de actuacións que “servirán para dinamizar o tecido produtivo da cidade, reactivarán a economía local e paliarán as consecuencias do parón pola crise do coronavirus”, sinalan as mesmas fontes.  

Ademais, a xunta dará licenza para a construción dun edificio de 69 vivendas na Gaiteira, outro de 30 pisos na zona de Náutica, e autorizará a construción de 16 vivendas na rúa Rey Abdullah.  

Canto ao ámbito da rehabilitación, a Xunta dará luz verde á reforma do edificio do Banco Pastor, un inmoble histórico situado no centro da cidade. O proxecto, que conta cun orzamento de 4.500.000 euros, está impulsado polo grupo Santander. O prazo para a execución das obras será de 36 meses que se computarán desde o día seguinte ao da notificación da licenza.  

Tamén se lle outorgará á Hijos de Rivera SL a licenza para demoler de xeito parcial o antigo centro comercial Comcor. A parcela onde está situado foi adquirida pola empresa coruñesa para ampliar a súas instalacións. A demolición conta cun orzamento de 470.000 euros.  

Na sesión de mañá tamén se autorizará o levantamento da suspensión dos prazos administrativos de contratación que se paralizaron cando se declarou o estado de alarma pola pandemia. Así, comezará de novo a aprobación de expedientes de contratación, a apertura de novas licitacións e reiniciaranse os trámites de adxudicación que quedaran suspendidos. O obxectivo desta medida, explicou o voceiro do Goberno local, José Manuel Lage, é o de continuar os procesos de contratación da Administración local e pór en marcha as novas tramitacións para reactivar a economía local e dinamizar o tecido social. 

 A Xunta de Goberno Local aprobará a proposta da Concellería de Urbanismo na que se lle solicita ao Instituto Galego de Vivenda e Solo que declare Área de Rexeneración Urbana de Interese Autonómico (Area Rexurbe) as áreas da Cidade Vella e o Eixe Orzán.

Tamén se aprobará a presentación dun recurso contra a resolución adoptada pola Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar de aprobación das liquidacións correspondentes ao primeiro semestre do ano 2020 polo confinamento das escolas infantís xestionadas a través do Consorcio

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s