O cambio de criterio no reconto de altas reduce á metade as cifras de coronavirus en Galicia

Galicia rexistra hoxe 3.526 casos activos de coronavirus. A cifra, sendo alta, constrasta cos 6.947 de onte mesmo. Un descenso próximo ao 50% que se explica polo cambio de criterio no reconto que a Xunta aplica para adaptalo ás especificacións do Ministerio de Sanidad. Nun audio enviado aos medios, Antonio Fernández-Campa, xerente do Sergas, explica que o Ministerio estableceu unha serie de criterios para saber cando é o momento no que o paciente ten unha alta epidemiolóxica e pasa a considerarse un paciente curado. A Xunta só incluía ata agora nos seus rexistros as altas hospitalarias, pero non as PCR negativas de pacientes na casa nin os casos de desaparición prolongada de síntomas nos mesmos, cando se considera que poden ter rematado o seu proceso de infección por COVID-19. Ao facilitar de golpe estes casos ao Ministerio, as cifras oficiais recollen unha cifra case milagrosa de recuperacións en 24 horas: 3.552 curacións. Galicia rexistrou, realmente, 138 novos casos -un 1,5% máis- hoxe.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa así de 3.526 casos activos en Galicia. Deles 880 son da área da Coruña, 808 da área de Vigo -que sobe así un posto nas cifras xerais, sobre Ourense-, 715 da ourensá, 505 da de Santiago, 244 da de Lugo, 215 da de Pontevedra e 159 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 73 permanecen en UCI, 482 están en unidades de hospitalización e 2.971 no domicilio. Polo de agora, en Galicia houbo 547 falecementos. O número de PCR realizadas é de 93.118.

As residencias da terceira idade e para persoas dependentes, que xa antes da corrección de cifras amosaban datos moi preocupantes, medran de novo a súa importancia no cómputo xeral do COVID-19 en Galicia. Representan o 32% dos casos activos e o 45,52% das mortes, entre usuarios e persoal.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s