Paso adiante para rehabilitar a Cidade Vella e Orzán

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe na sesión extraordinaria e urxente que se realizou de xeito telemático en María Pita (tan só a alcaldesa, os concelleiros de Economía, Urbanismo e Educación e traballadoras/es municipais estiveron presentes) para lle solicitar á Xunta de Galicia que a Cidade Vella e o ámbito Orzán-Panadeiras sexan declarados áreas Rexurbe e poder acometer a súa rehabilitación.

Trátase do ámbito prioritario 1: Cidade Vella. Delimitado polas rúas Ferrerías, praza das Bárbaras, rúas de Santa María, praza de Santo Domingo e rúa de Santo Domingo, e que inclúe todas as súas rúas interiores e lles presta unha atención especial ás rúas Sinagoga, Cortadoría e Zapatería.

E do ámbito prioritario 2: Eixe do Orzán – Panadeiras. Delimitado polas rúas Orzán (desde a praza de Pontevedra) e Panadeiras como eixe principal, as súas rúas paralelas Picos, Mariñas, Vista, Boquete de Santo André e estreita de Santo André, e rúas perpendiculares Rexedor Somoza, praza da Cormelana, Perillana, praza Josep Sallier, Pastoriza, travesía de Mariñas, travesía de Santo André, praza Vista, Alta, Africano, praza do Africano, Pórtico de Santo André, Sol, Ferrador, Cega e Travesía de Cordoaría. A Área Rexurbe está recollida no plan director do concello para revitalizar o centro histórico en todos os ámbitos.

A Xunta de Goberno Local deulle luz verde á reforma interior do edificio do Banco Pastor, un inmoble histórico situado no número 1 do Cantón Pequeno. O Grupo Santander impulsa o proxecto, que conta cun orzamento de 4.500.000 euros e dispón dun prazo de execución de 36 meses, que se computarán desde o día seguinte ao da notificación da licenza.

Outorgóuselle a Hijos de Rivera SL a licenza para demoler de xeito parcial o antigo centro comercial Comcor. A parcela onde está situado foi adquirida o ano pasado pola empresa coruñesa para poder ampliar as súas instalacións. A demolición conta cun orzamento de 470.000 euros.

Por outra banda, informouse dos expedientes urbanísticos que a Concellería de Urbanismo resolveu entre o 5 de marzo e o 21 de abril. O concello concedeu máis de 100 licenzas urbanísticas, a pesar das dificultades que supuxo tramitalos estado de alarma decretado pola pandemia sanitaria.

Na sesión de hoxe, autorizouse o levantamento da suspensión dos prazos administrativos de contratación que se paralizaron cando se decretou o estado de alarma. Deste xeito, retomarase a aprobación de expedientes de contratación, a apertura de novas licitacións e mais reiniciaranse os trámites de adxudicación que quedaran suspendidos. A intención do Goberno local é continuar os procesos de contratación da Administración local e pór en marcha as novas tramitacións para reactivar a economía local e dinamizar o tecido social.

Tamén se aprobou a presentación dun recurso contra a resolución adoptada pola Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar de aprobación das liquidacións correspondentes ao primeiro semestre do ano 2020 polo cofinanciamento das escolas infantís xestionadas a través do Consorcio.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s