Ampliado o espazo para deporte no paseo marítimo

O concello ampliará esta fin de semana a zona peonil no paseo marítimo co fin de facilitar a práctica do deporte e garantir a distancia social. Así, habilitaranse os dous carrís contiguos ao paseo ao longo de todo o seu percorrido, para favorecer que se cumpran as medidas de seguridade nos distintos tramos horarios habilitados para corredoras/es, ciclistas e viandantes, xa sexan persoas adultas ou nenas/os, tal e como explicou a alcaldesa, Inés Rey. Persoal traballador municipal comezou xa as tarefas para establecer este dispositivo, que estará listo mañá a partir das 6 da mañá.  

A intención é a de establecer este dispositivo cada fin de semana e amplialo se é necesario a toda a semana. Inés Rey apuntou que “esta medida forma parte do plan de mobilidade que deseñou o concello para ampliar os espazos peonís en toda a cidade co fin de garantir que no proceso de desescalada se cumpran os protocolos de seguridade e distanciamento entre persoas, aproveitando que descendeu o tráfico rodado”.  

A alcaldesa apelou á responsabilidade e ao compromiso da cidadanía para respectar o proceso de desconfinamento e cumprir os tramos horarios para saír á rúa, co fin de evitar riscos.  

Así, o concello suprimirá desde este luns e de maneira provisional carrís de circulación en Manuel Murguía e a avenida da Habana, na contorna de Riazor e nos Cantóns, e ampliará a zona peonil desde A Mariña ata a praza de Mina. “O obxectivo é evitar as aglomeracións e facilitar que a xente poida saír a dar paseos”, explicou o concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, quen sinala que están a estudar a idea de habilitar un corredor peonil entre a zona de Catro Camiños e o barrio de Matogrande. Esta é unha actuación que se podería implantar de maneira definitiva se se comproba que o modelo funciona.  

Deste xeito, cóbrese a área con menos zonas peonís e maior índice de poboación infantil. Hai outros moitos barrios da cidade que xa contan con espazos propios, como a zona de Monte Alto que dispón do paseo marítimo ou Novo Mesoiro.  

Outra das medidas previstas é o cambio provisional do ciclo semafórico en verde para os peóns e peoas para evitar a aglomeración de persoas en cruzamentos regulados por semáforos. Tamén se irán incrementando de maneira gradual o número de bicicletas nas estacións de BiciCoruña, servizo de alugueiro de bicicletas municipal que se reactivou a semana pasada. 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s