Regulado o uso de hortos urbanos

A Xefatura da Policía Local publica unha instrución na que se explica a normativa do Estado de Alarma que entrou onte en vigor sobre a regulación dos desprazamentos para o coidado e recolección dos hortos, sempre e cando non se trate de actividades de natureza laboral, profesional ou empresarias, é dicir, para o autoconsumo.

No documento redactado polo xefe da Policía Local infórmase dos límites nos desprazamentos, que por regra xeral quedan autorizados sempre a cando se realicen no mesmo termo municipal ao do domicilio, ou no municipio adxacente a este. Este requisito de proximidade conta con varias excepcións de necesidade, como serían o coidado e a alimentación de animais e o coidado e recolección de hortos de autoconsumo naqueles casos nos que o consumo dos produtos do devantido horto resulte imprescindible para atender a súa subsistencia. Esta última excepción, indican, deberá ser acreditada polo titular do horto por calquera dos medios legais admitidos.

A instrución tamén detalla que estes desprazamentos deberán ser os mínimos posibles e que sempre se deben realizar de forma individual, salvo que se acompañe a persoas con discapacidade, menores, maiores ou por outra causa xustificada.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s