Minuto de silencio en María Pita polas vítimas do coronavirus

A Corporación Municipal gardou esta mañá un minuto de silencio polas vítimas do coronavirus. A alcaldesa, Inés Rey, e o resto da Corporación homenaxearon na praza de María Pita as persoas falecidas pola pandemia. As bandeiras do Pazo Municipal ondean hoxe a media hasta.  

A rexedora sinalou que “agora é máis necesario que nunca falar de axuda, memoria, respecto, solidariedade, lembranza ou homenaxe. Unha sociedade adulta sempre ten presentes as vítimas”. Para a alcaldesa, unha cidade madura non dubida á hora de recordar a súa xente. “Por iso hai días que declaramos o loito oficial na Coruña. O necesario ánimo colectivo non pode pasar por riba da dor que nos provocou a pandemia. Porque este drama non é abstracto, senón que ten nomes e apelidos. A quen desde aquí lembraremos sempre”, apuntou Inés Rey.   

“A Coruña vai coser unha rede de protección para a súa xente. É o mínimo que podemos facer por quen nos deixou. Tamén por quen estamos e as e os que virán, esas pequenas e pequenos que tantas leccións nos están dando nestas semanas”. Avanzaremos, apuntou, desde o loito que hoxe representamos oficialmente e ao que lle engadimos espírito construtivo. “Traballaremos coa memoria como motor, porque así se construíu e se construirá esta resistente cidade que chamamos A Coruña”, engadiu.  

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s