A Cafetería Remanso, máis preto de ser un centro social

Luz verde á licitación das obras de reforma integral da cafetería Remanso para convertela nun centro social

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe nunha sesión extraordinaria e urxente (que se realizou de xeito telemático e presencial en María Pita) a licitación das obras de reforma do local municipal que albergaba a cafetería Remanso, en Catro Camiños. A reforma para convertela nun centro social ascende a 423.272,47 euros e ten un prazo de execución de oito meses.   

A actuación está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo plurirrexional de España 2014-2020  

Na sesión de hoxe tamén se autorizou un suplemento de crédito por importe de 11.682.629,44 euros que se destinará a suplementar a aplicación 30.151.60005 “adquisición de terreos” ante a insuficiencia orzamentaria para aboar as sentenzas firmes relativas á diferenza de valoración do proxecto expropiatorio para executar o Plan especial de protección e recuperación do Castro de Elviña. fases I e II. Isto implica a aprobación do proxecto de expediente de modificación do orzamento de 2020 (M1/2020), que deberá ser ratificado polo Pleno. 

Tanto o superávit como o remanente líquido de tesourería destinaranse a aboar os requirimentos xudiciais. O concello ten un remanente de 14.581.686,93 euros e un superávit de 3.662.503,48 euros.  

Así mesmo, a Xunta de Goberno adxudicou as obras de conservación, mantemento e acondicionamento no cemiterio de Santo Amaro, que será cofinanciado con Fondos Eidus, a Iam Rumbo Instalaciones y Obras SL, por un importe de 296.618,98 euros. O prazo de execución dos traballos é de 12 meses.  As obras consisten en demoler completamente a recepción do cemiterio porque interrompe a visión das zonas de interese histórico. A recepción trasladarase á antiga Sala de Autopsias que se rehabilitará para tal fin. No espazo da recepción reconstruirase o pavimento.  

Tamén se levarán a cabo outras actuacións que comprenden obras de conservación e mantemento no terceiro departamento do cemiterio por un valor de 292.299,99 euros. A empresa Construcciones López Cao será a encargada de realizar os traballos, que teñen un prazo de execución de 10 meses. O obxectivo é mellorar as cubertas dos nichos e a recolleita da auga de choiva mediante as pendentes no novo pavimento e a nova rede de saneamento. Tamén se pretende deixar lista a canalización para dar o servizo de electricidade e auga.  

Na xuntanza acordouse, mediante tramitación de urxencia, contratar o servizo de salvamento, socorrismo, vixilancia, primeiros auxilios e asistencia e transporte sanitario polas estradas nas praias da Coruña, cun orzamento de 439.999,51 euros e unha duración dun ano.  

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s