Morre Manuel Jove

O veterano empresario coruñés Manuel Jove faleceu esta noite no seu fogar logo dun ano loitando contra unha doenza, segundo informou a súa corporación, Inveravante. Nacido en 1941, Jove foi, tal como lembra a corporación, “un grande emprendedor, un traballador incansable, cunha excelente visión para os negocios”. De orixe humilde e traballador desde os 11 anos, Jove levou a inmobiliaria Fadesa de negocio local a empresa de ámbito internacional. O empresario estaba casado e tiña dous fillos.

Manuel Jove fundou, a comezos dos anos 70, a inmobiliaria Fadesa. Logo do meteórico crecemento da compañía, Jove vendeuna en 2007, antes do estoupido da burbulla inmobiliaria, e comezou novos proxectos e investimentos a través da corporación Inveravante, con sede na cidade. De ámbito internacional, a compañía conta con 800 postos de traballo directos. Ten presenza en países como España, Marrocos, Brasil ou Romanía. Manuel Jove chegou a ser un dos 15 homes máis ricos de España, cunha fortuna que Forbes estimaba en 2.100 millóns.

Filantropía
A súa filla maior, María José, finou en 2002. En 2003 impulsou a creación da Fundación María José Jove, unha entidade sen ánimo de lucro que traballa a prol da inclusión social e da infancia. Entre as distincións con que o empresario coruñés foi recoñecido, cóntase a Medalla Castelao da Xunta de Galicia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s