O Concello pedirá información sobre a venda da antiga Alcoa

Tras a reunión que mantivo esta mañá Inés Rey coas persoas representantes do Comité de Empresa da antiga Alcoa, a alcaldesa comprometeuse a contactar co Ministerio de Industria para lle solicitar información sobre a venda ao grupo Riesgo por parte de Parter Capital. Con este encontro, a rexedora quixo coñecer de primeira man as circunstancias en que se atopa o cadro de persoal e mais as súas demandas. Neste punto ve necesario confirmar a solvencia da empresa compradora e se esta cumpre con todos os requisitos legais establecidos na primeira venda a Parter Capital: “É unha cuestión que nos preocupa e queremos que as e os traballadores estean informados ao respecto”.

Deste xeito, desde o concello reclamaralle ao Goberno central que utilice todos os medios que ten ao seu alcance, co fin de investigar os pormenores desta operación e “tomarmos así as medidas que garantan a continuidade desta industria”, engadiu a rexedora.

A alcaldesa recordou que hai varios grupos interesados e que a planta necesita un “comprador fiable e solvente” que garanta o plan industrial, o emprego e a continuidade desta importante industria, nun sector que, na súa opinión, “ten futuro e é rendible”. Rey tratou este asunto coa alcaldesa de Avilés, Mariví Monteserín, e desde o Goberno municipal manteñen unha comunicación constante co Comité de Empresa para coñeceren os detalles da situación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s