Reparto de 100.000 máscaras en comercio e hostelería para o día 11

O concello comezará a repartirlles ás asociacións de comercio e hostalaría 100.000 máscaras protectoras de cara á apertura dos seus establecementos o vindeiro luns día 11, dentro da fase 1 de desescalada deseñada polo Goberno de España. Este material sanitario foille doado ao concello polas autoridades locais da cidade-distrito chinesa de Yantian, que contactaron fai un mes co persoal da Alcaldía para poderen envialo. A alcaldesa, Inés Rey, no nome da veciñanza da Coruña, amosoulles o seu agradecemento ás autoridades chinesas polo envío das máscaras.

Deste xeito, o Goberno local entende que é necesario que as propietarias e propietarios de pequenos comercios e locais de hostalería, así como as súas traballadoras e traballadores, dispoñan de máscaras protectoras neste inicio da desescalada. Os protocolos de seguridade sanitaria impostos polo Goberno obrigan a utilizalos como medida de prevención fronte aos contaxios de coronavirus, se se mantén un contacto próximo con persoal traballador e coa clientela.

Ademais, a alcaldesa, Inés Rey, consciente de que a recuperación da economía será máis lenta no pequeno comercio e na hostalaría, anunciou esta mañá que o Goberno local ultima unha liña de axudas de apoio a ambos os sectores para afrontar a reactivación da súa actividade tras o parón pola crise do coronavirus.

A rexedora reuniuse esta mañá co presidente da Federación Provincial de Comercio, Miguel  Agromayor; o presidente da Federación Unión de Comercio Coruñesa (FUCC), José Luis Boado, e co presidente da Asociación de  Hostalaría da Coruña, Héctor Cañete, para entregarlles o equipo de protección e escoitar as súas achegas co fin de incluílas no programa municipal.

“É necesario adoptar canto antes novas medidas de promoción económica e de fomento do emprego que alivien o dano ocasionado polo peche debido á pandemia e garantan a supervivencia do pequeno comercio e da hostalería da cidade”, manifestou a rexedora.

O Goberno local baralla distintas actuacións para acelerar a recuperación económica da cidade. “Os concellos somos as administracións máis preparadas para xestionar a desescalada e, á vez, seguir adoptando medidas para reactivar a economía”, indicou a rexedora.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s