Arrincan as Zonas 10

Hoxe ás 20.00 h comezará a estar operativa a “Zona 10” naquelas rúas da cidade que teñan un único carril dun sentido, en que os vehículos deberán manter unha velocidade máxima de 10 km/h para lles dar prioridade ás peoas e aos peóns. Inicialmente, o horario anunciado pola alcaldesa o pasado mércores en rolda de prensa era de 20.00 a 23.00 h todos os días da semana pero, tras estudarse este operativo e co fin de facilitar a mobilidade peonil en todos os barrios da cidade, o horario amplíase os sábados e domingos tamén na franxa de 6.00 a 10.00 h.

A iniciativa “Zona 10”, que se inclúe no proceso de desescalada municipal, ten como obxectivo ampliar os espazos peonís para facilitar que os paseos da veciñanza e a práctica da actividade física permitida para a poboación entre 14 e 70 anos se realicen coa distancia de seguridade esixida.

O concello instalará carteis informativos en todos os barrios da cidade para que a veciñanza recoñeza as rúas consideradas como “Zona 10”. As pantallas de tráfico tamén informarán desta nova medida municipal de mobilidade.

Desde o concello recoméndase evitar circular por este tipo de rúas nas franxas horarias especificadas, salvo que sexa necesario por traballo ou residencia habitual. En todo caso, os vehículos non deberán exceder a velocidade máxima de 10 km/h e deberán respectar a prioridade peonil. Tamén lles aconsellamos aos peóns e peoas que circulen por estas rúas que, na medida do posible, se despracen no sentido da marcha.

Ademais, o concello anuncia que o tramo do Paseo Marítimo que vai desde a rotonda da travesía dos Rosales coa avenida Gerardo Porto até o Portiño será peonil todos os días da semana e, polo tanto, estará cortado ao tráfico rodado.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s