
O Concello está a traballar nunha aplicación que facilite o pagamento dos traxectos no servizo de autobús urbano. Pagar a viaxe dende o móbil será unha das ferramentas coas que na ‘nova normalidade’ se intentará reducir o ritmo de contaxios.
O portavoz do Goberno local, José Manuel Lage, declarou que o obxectivo desta nova app, a pór en marcha entre finais de ano e a primeira metade de 2021, é “eliminar a molestia de ter que recargar a tarxeta nos caixeiros” e, especialmente, “evitar contactos innecesarios e, polo tanto, mellorar a seguridade dos cidadáns reducindo a súa exposición a potenciais contaxios”. Lage engadiu que o sistema se estenderá a servizos municipais como bicicletas, museos, instalacións deportivas ou o BiciCoruña.
Non é a primeira vez que se formula un proxecto deste tipo. No mandato anterior propúxose unha fórmula que facilitase o pagamento coa tarxeta Millennium, pero estas non teñen funcionado adecuadamente.