Novo impulso á mobilidade urbana logo da crise sanitaria

O concelleiro de Urbanismo e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, comunicoulles esta mañá a todos os grupos de traballo da Mesa pola Mobilidade Sostible o compromiso do concello de seguir impulsando o plan previsto pola Mesa. Haberá unha nova sesión neste mesmo semestre. O obxectivo, dixo, é seguir traballando para acadar novas medidas que sirvan para promover unha nova mobilidade que “faga a nosa cidade máis sustentable, segura e accesible”. 

O Goberno local ten previsto aprobar en breve a declaración da Coruña como Cidade 30 e a regulación provisional dos vehículos de mobilidade persoal (VMP), dúas das medidas abordadas pola Mesa antes da declaración do estado de alarma.  

Entre as iniciativas pendentes de resolver, Villoslada destacou a nova Ordenanza xeral de mobilidade, o estudo de viabilidade de novas plataformas reservadas para o transporte público, os procesos de peonalización, e as novas previsións do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana cara a unha nova Lei de mobilidade. 

O concelleiro tamén informou das actuacións adoptadas polo concello con motivo da declaración do estado de alarma para restrinxir a mobilidade da poboación, e agora, na actual etapa de desescalada, para dispor de máis espazo público que lle facilite á cidadanía as actividades permitidas polas autoridades sanitarias nos diferentes tramos horarios. A incorporación provisional de carrís para uso peonil e ciclista, a declaración de “Rúas 10” ou a definición de zonas da cidade onde se pode dispoñer de máis espazo para ampliar as terrazas dos locais de hostalaría son algunhas das medidas de carácter urxente e provisional que se puxeron en marcha. 

Aínda que moitas das accións non puideron analizarse na Mesa debido á súa urxencia, Villoslada apuntou que algunhas responden ás propostas recibidas na concellería por parte de diferentes axentes involucrados na mobilidade. Noutras, explicou o edil, xa se están a ter en conta experiencias que se desenvolven en distintas cidades.  

Por último, sinalou que a concellería atenderá calquera suxestión, dúbida ou proposta que os membros da Mesa queiran facer. 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s