Acción a favor do comercio local

A Concellería de Comercio lanza unha campaña de apoio e agradecemento ás persoas que se dedican a este sector e que xunto ás/aos hostaleiros tiveron que suspender a súa actividade para contribuíren ao control da pandemia. A través dun vídeo, reivindican estes servizos como os motores económicos da cidade, polo que fan fincapé en que a súa recuperación é vital. A eles atribúenlles os valores de proximidade, honestidade, confianza e calidade.  

Desde a concellería queren fomentar con esta peza a compra nos pequenos locais agora que xa comezan a abrir como unha forma de axudar a nosa veciñanza para que remonte economicamente á vez que transmiten un concepto de seguridade nesas tendas, bares e restaurantes de confianza. Deste xeito, a campaña artículase sobre o dobre significado que pode ter a palabra “seguro” e ao concepto de seguridade hixiénica que ofrecen este tipo de establecementos, súmanlle a idea de promesa por parte das e dos coruñeses de volveren aos negocios que están nos seus barrios. Son as/os propios profesionais as/os que o protagonizan relacionando a saúde do pequeno comercio coa calidade de vida na Coruña. O resultado poderá verse estes días nas redes sociais.   

Ademais, Comercio proponlle á cidadanía compartir contidos e vivencias persoais nesas tendas utilizando o cancelo #EuVouSeguro. Tamén se realizar unha campaña de apoio aos negocios coruñeses a través das principais emisoras de radio.     . 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s