Galicia lembra a Carvalho Calero a distancia

Galicia, en fase 1, celebraba hoxe o Día das Letras Galegas coa máis atípica homenaxe ao intelectual e filólogo Ricardo Carvalho Calero. O concello da Coruña lembrou ao ferrolán, pai da corrente filolóxica coñecida como reintegracionismo, en redes sociais ante a imposibilidade de celebrar como decote unha data tan importante. O Concello lembrou que os actos de homeaxe terán lugar despois do verán por mor da crise da Covid-19 e fixo un chamamento á veciñanza para lembrar “dentro das posibilidades do mundo dixital a Carvalho Calero”.

A Real Academia Galega celebrou hoxe o Día das Letras cunha homenaxe ao pé do fogar de Carvalho en Santiago de Compostela, na rúa Carreira do Conde. O acto consistiu nunha sinxela ofrenda floral debido ao estado de alarma declarado pola pandemia de coronavirus, que obrigou a adiar ata outubro o pleno extraordinario da RAG do 17 de maio que ía ter lugar en Ferrol, a localidade natal do homenaxeado.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s