A Coruña será dende mañá ‘Cidade 30’

A Xunta de Goberno local aprobará na sesión de mañá a declaración da Coruña como “Cidade 30”. Isto significa que a limitación xeral de velocidade na cidade será de 30 km/h en todas as vías urbanas, coa excepción do eixe das rúas Sánchez Bregua-Juana de Vega-Rexedor Somoza- túnel da praza de Pontevedra, que manteñen a velocidade máxima en 50 km/h. As rúas Ramón y Cajal, Fernández Latorre e a avenida de Pérez Ardá até a rolda de Outeiro tamén seguirán coa mesma limitación. A rúa Juan Flórez conserva a velocidade máxima de 50km/h, agás o carril dereito, cuxa velocidade máxima permitida será de 30 km/h.  

O concelleiro de Urbanismo e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, explicou que as vías urbanas de dous ou máis carrís por sentido de circulación poderán ter unha limitación de 50 km/h, e naquelas cuxa configuración o permita, poderanse implantar carrís con limitación de velocidade a 30 km/h.  

A nova normativa recolle que nas rúas con plataforma única, a velocidade será de 10 km/h, salvo o transporte público, que poderá circular a 20 km/h.  As novas limitacións de velocidade entrarán en vigor en cada unha das vías no momento en que se coloquen os sinais. 

Con esta medida, o Goberno local pretende incrementar o protagonismo das peoas e dos peóns, reducir o número de accidentes de gravidade, limitar os danos ao medio ambiente (xa que unha velocidade inferior significa menos emisións de CO2) e gañar espazos públicos de maior calidade urbana. 

Por outra banda, na sesión de mañá, informarase a Xunta da tramitación dun total de 59 expedientes entre o 11 e o 15 de maio. Vinte corresponden a licenzas urbanísticas, 28 corresponden a obras outorgadas en réxime de comunicado, 6 autorizadas en réxime de comunicación previa, 4 en réxime de declaración responsable e unha denegación.  

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s