O Concello quere instalar unha base náutica no antigo varadoiro de Oza

A Xunta de Goberno Local acordou solicitar ante o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través da Demarcación de Costas en Galicia, a ocupación temporal mediante a concesión dunha superficie total de 6.410 m² de dominio público marítimo-terrestre na chaira antigamente coñecida como “Varaderos Valiña”. A concesión deste terreo, cunha duración máxima legal de 75 anos, para construír unha base náutica municipal, daralle continuidade ao proxecto iniciado hai catro anos e cuxo fin será exclusivamente practicar deportes náuticos, especialmente deportes federados, e deberá realizarse sen ánimo de lucro.

Segundo o concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, trátase “dun proxecto que quedou esquecido nos últimos anos e que hai uns meses foi impulsado pola nosa alcaldesa coa inauguración do novo pantalán”.

A explotación desta concesión realizarase de acordo cos requisitos esixidos na normativa vixente, Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e no seu regulamento de desenvolvemento. Respectará o uso público das praias e areais e velará pola protección do medio ambiente na zona afectada.

Esta solicitude alcanza tanto o dominio público como as instalacións e estruturas localizadas alí. O Concello da Coruña, a través da Concellería de Deportes, asumirá os gastos de mantemento e a conservación tanto da zona afectada como das estruturas e instalacións.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s