Cuarta edición dos Premios Youtubeir@s

A cuarta edición dos Premios Youtubeir@s chega para potenciar a creación de vídeos na rede con todo tipo de temáticas -deportes, viaxes, videoxogos ou vídeoblogs entre eles- e darlle visibilidade á produción en galego. Nesta edición, a dotación increméntase ata os 7.500 euros e son 12 as categorías a concurso, catro máis que en 2019. Estas categorías serán canle, vídeo, youtubeir@, calidade lingüística, impacto, calidade técnica, comunicación, creatividade, musical, didáctico, pioneiro e premio do público. Os tres primeiros recibirán un premio de 1.000 euros, mentres que os nove restantes terán un de 500 euros. O prazo de inscrición arrinca o 27 de maio e pecha o 23 de outubro.

O concurso está aberto a todas as persoas maiores de 14 anos con canles e/ou vídeos en galego, autoproducidos, subidos a YouTube, publicados logo do 27 de setembro de 2019. No caso de presentar unha canle, esta debe conter polo menos cinco vídeos, maioritariamente en galego e realizados desde a mesma data, o 27 de setembro do ano pasado.

O xurado
Os premiados serán escollidos por un xurado profesional de recoñecido prestixio. A edición deste ano contará con Rosa Moreiras, técnica do Servizo de Normalización Lingüística de Ames, a cantante e compositora Xoana e a xornalista audiovisual Mabel Montes. Completan o xurado Brais Romero, crítico audiovisual e director da revista A Cuarta Parede e Matías Tarrío, xornalista, redactor e director de programas de televisión.

Premio do público
O público tamén terá ocasión de pronunciarse. Os vídeos candidatos ao premio do público serán propostos pola propia comunidade de seguidores do concurso. Estes vídeos deben ser propostos antes do 23 de outubro. A votación online, á que se accederá dende as redes sociais, decidirá os tres vídeos que pasarán ao xurado para ratificar a escolla do público se cumpre coas bases do concurso.

O certame Youtubeir@s está organizado polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, O Grove, Moaña, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Rianxo, Santiago e Teo, así como os das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación provincial coruñesa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s