Reparto solidario de máscaras

Marineda City, a Asociación de Empresarios de Agrela e a Asociación Poten100mos repartiron 7.000 máscaras faciais de forma gratuíta dende que comezou a crise. Mediante a rede Coruña Móvese, unha iniciativa solidaria con que as entidades queren suplir carencias de material de protección, mobilizáronse case un centenar de voluntarios. A rede xuntou recursos propios e de moitas empresas da cidade para elaborar máscaras de tea.

Empresas como El taller de Minny encargáronse do deseño e patronaxe das máscaras, mentres que Alba Conde puxo maquinaria para o cortado das pezas, e ternura e Portomuiños puxeron as súas plantas de pausterizado á disposición da iniciativa para esterilizar as máscaras. Outras empresas colaboradoras son Plásticos Arias, Fundación Padre Rubinos, Leroy Merlin, IKEA e a propia Marineda City. Os materiais foron distribuídos coa axuda de Protección Civil e a Asociación Reto, grazas ao traballo dos voluntarios.

En total, repartíronse 7.000 máscaras de sarga e loneta de algodón a residencias de maiores, traballadores de prisións, centros de persoas con diversidade funcional, centros de saúde, centros de asistencia a domicilio ou supermercados, entre outros.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s