Campaña de consellos para atopar traballo

O Servizo Municipal de Emprego do Concello da Coruña publicou en internet unha serie de pílulas formativas breves sobre diversas temáticas, co obxectivo de axudar ás persoas desempregadas a atopar traballo.

Son vídeos dinámicos nos que se explica de forma resumida como realizar unha entrevista de traballo a través de vídeo chamada, como poñer en valor a experiencia profesional ou cales son os novos sectores profesionais con posibilidades de xerar emprego nesta situación de crise sanitaria, entre outros temas.

Para o Concello, “este recurso cobra unha especial importancia no contexto social e económico provocado pola Covid-19”. Ata agora, están subidos vídeos sobre “Prestacións e subsidios en tempos da Covid-19”, “O emprego por sectores na crise da Covid-19”, “O uso do smartphone na procura de emprego”, “A planificación da procura de emprego”, “A experiencia é un grao”, “Entrevista de traballo a través da vídeo chamada” e “A formación na procura activa de emprego”.

En vindeiros días subiranse novos materiais a internet. Ademais, o Centro Municipal de Emprego dos Rosales, continúa ao dispor de todas aquelas persoas que necesiten un asesoramento máis específico, a través do teléfono 981 18 43 99 ou do correo electrónico coruña.suma@coruna.es.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s