Comeza a campaña de seguridade nas terrazas dos bares

Distinguir os locais que nas súas terrazas aplican medidas para previr contaxios pola COVID-19 e ofrecerlle seguridade á clientela. Ese é o obxectivo da sinalética presentada esta mañá polo Concello en resposta a unha solicitude da hostelería local. Esta medida facilitaralles aos establecementos a distribución dos espazos nas súas terrazas.

No acto de presentación participaron a xerente do Consorcio, Lanzada Calatayud, os concelleiros de Turismo e Mobilidade, Juan Ignacio Borrego e Juan Díaz Villoslada, e o representante da hostalería da Mariña, Antón Sáez.


O Concello entregará aos establecementos que o soliciten uns vinilos con mensaxes
de axuda para cumprir as medidas de seguridade sanitarias. Pretende reducir os riscos de contaxio por aglomeración. Os vinilos indican a localización da clientela para acceder ao local e a colocación das mesas. A sinalética empezará a colocarse na Mariña, por tratarse dun dos espazos máis visibles da Coruña, e irase implantando a medida que a pidan os locais de hostalería do centro. O concelleiro de Turismo destacou que esta primeira etapa está pensada para o ámbito turístico monumental, pero que non descarta que a iniciativa se estenda ao resto da hostalaría da cidade a través da Concellería de Comercio.


“Os sinais reforzan e lembran as normas e favorecen a organización das terrazas”, explicou
Juan Ignacio Borrego, para quen os vinilos “representan unha imaxe moi visual da responsabilidade da hostalaría e da cidadanía”.

O concello sinala que os establecementos que se acollan deben cumprir o protocolo de seguridade e hixiene establecido, tanto para o persoal traballador como para a clientela. Para iso, asinarán unha declaración responsable de cumprimento das normas. “É fundamental que as persoas consumidoras perciban que a hostalería cumpre coas medidas de distanciamento social e adaptación do local”, explicou o edil de Turismo. No caso de incumprimento das medidas, o concello retirará os sinais e poderá sancionar o establecemento.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s