O BNG pide á Xunta protección para o sector do mar

O Pleno municipal do vindeiro xoves avaliará unha moción do BNG que insta a Xunta a pór en marcha distintas medidas de protección do sector do mar, ao entender que se trata dun sector “especialmente castigado polas consecuencias económicas da COVID-19”, segundo aseguraron os nacionalistas. O portavoz municipal nacionalista, Francisco Jorquera, pedirá ao Goberno Local que se dirixa á Xunta para esta asumir un rol de mediación no conflito que enfronta a bateeiros e percebeiros. Os nacionalistas alertan ademais de que se está procedendo á extracción de mexilla en zonas como as Illas de San Pedro e o entorno da Torre de Hércules, declaradas Espazos Naturais de Interese Local.

Os nacionalistas piden que a Xunta medie neste conflito e asuma as súas responsabilidades. Reclaman que o Goberno autonómico exerza “a vixilancia e control que lle corresponde na explotación dos recursos mariños”. Ademais, piden que Xunta e Concello tomen medidas para que a explotación económica das zonas declaradas Espazos Naturais de Interese Local non poña en risco a sustentabilidade dos recursos e a biodiversidade da área.

Na súa moción, o BNG defende tamén a posta en marcha, no ámbito galego, de axudas para garantir a actividade das confrarías. Os nacionalistas urxen ao Goberno Local a que se dirixa á Xunta para que o Goberno galego reclame “as modificacións que sexan necesrias para axilizar o uso dos fondos que veñen da Unión Europea, incluída a demanda de fondos FEMP (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca)” co obxectivo de que “as persoas afectadas poidan percibir axudas que lles permitan sobrevivir”.

A Xunta comprométese a mediar no futuro
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, trasladou a semana pasada o compromiso de que, en diante, o seu departamento convocará “de xeito inmediato” unha mesa de traballo para analizar cos representantes dos percebeiros e dos bateeiros as zonas máis sensibles da costa para a extracción de recursos co fin de evitar que se repitan situacións como as vividas nas últimas semanas. “Galicia non sería a mesma sen ese sector tan importante como é o do mexillón nin tampouco se entendería que non reservásemos as zonas especiais de extracción de percebe das que vive tanta xente das nosas zonas costeiras”, salientou. “Estamos nun ano complicado no que os percebeiros non puideron baixar ás rochas e no que os bateeiros tiveron dificultades para conseguir mexilla. É comprensible que cando os percebeiros ven aos bateeiros nas rochas nas que eles adoitan recoller o percebe pensen que poden estar destruíndo ese recurso tan importante para eles. Pero é necesario buscar un entendemento entre estes sectores tan importantes para Galicia e evitar esa imaxe tan negativa que se puido dar nalgunha ocasión nestes últimos días”, engadiu Rosa Quintana.


A conselleira do Mar tamén trasladou o seu compromiso de que, de cara ao futuro, o seu departamento convocará de xeito inmediato unha mesa de traballo para que se poidan analizar cos representantes dos percebeiros e dos bateeiros as zonas máis sensibles da costa para a extracción de ambos recursos co fin de evitar que se repitan situacións como as vividas nas últimas semanas. “Galicia non sería a mesma sen ese sector tan importante como é o do mexillón nin tampouco se entendería que non reservásemos as zonas especiais de extracción de percebe das que vive tanta xente das nosas zonas costeiras”, salientou.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s