O BNG leva a Pleno o caso de Diego Bello

Coñecer cales son as accións do Goberno local para esclarecer os acontecementos que levaron á morte do mozo coruñés Diego Bello en Filipinas, a mans da policía daquel país, e como traballa pola depuración de responsabilidades deste suceso. Ese é o obxectivo da pregunta que o BNG fará en pleno o vindeiro xoves.

Francisco Jorquera, portavoz nacionalista, considera que o Goberno local ten que actuar “ante as autoridades competentes, para que fagan todas as xestións precisas e exerzan a máxima presión política” para depurar responsabilidades polo asasinato de Diego Bello. O BNG teme que o crime quede impune. Sinalan que “a presión política ten que ser especialmente intensa dado o carácter mafioso e ditatorial do réxime filipino”. Jorquera recordou a actuación do presidente Rodrigo Duterte durante a crise do coronavirus cando animou á policía a matar ás persoas que se saltasen o confinamento.

O Goberno español informou no seu momento de que actualmente hai abertas catro liñas de investigación en Filipinas sobre o asasinato de Diego Bello.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s