
O Partido Popular anunciou hoxe que proporá no vindeiro Pleno, a través dunha moción, a creación dunha mesa da Hostelaría. Para os populares, trátase dunha “ferramenta estratéxica de dinamización dun sector chave”. Aseguran que a moción responde a “unha demanda do sector” para crear un espazo estable e eficaz para propor e desenvolver medidas específicas sobre esta actividade económica.
Noutra moción sobre hostelaría, o PP proporá igualmente a exención de taxas de terrazas durante este ano, ademais do peche do tráfico nalgunhas rúas para permitir nelas a instalación de terrazas e o lecer en xeral durante horas concretas das fins de semana.
El PP insta también a convocar la Mesa del Comercio para poner en marcha una programación que contribuya a su recuperación, y solicitan que todos los grupos estén representados en ambas
Recuperación do comercio
Na primeira das mocións, a relativa á Mesa de Hostalería, o PP pide tamén a convocatoria urxente da Mesa do Comercio. Reclaman desenvolver unha programación que recupere axiña esta actividade e que todos os grupos municipais poidan estar presentes en ambas as dúas mesas.