Incautación de droga en Culleredo

Dezaseis doses de substancias estupefacientes foron incautadas onte a unha única persoa por parte da Garda Civil de Culleredo. O portador das mesmas, coñecido polos axentes por delitos anteriores de tráfico de drogas, foi interceptado nunha estrada da localidade da Hermida, no mesmo concello. O home, veciño de Culleredo de 51 anos, será investigado por un delito contra a saúde pública.

Os axentes procederon a un cacheo superficial onde lle localizaron un envase de plástico amarelo onde gardaba haxix e varias bolsas pequenas con cocaína. As substancias foron intervidas. O home non foi levado a dependencias xudiciais debido ao Estado de Alarma e non ser “estritamente necesario ao informalo in situ dos dereitos que o asisten”, informa a Garda Civil.




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s