
A residencia universitaria Rialta volve organizar o campamento de verán ‘Recrea’, unha actividade destinada a favorecer o desenvolvemento das capacidades de nenas e nenos entre os 4 e os 12 anos de idade. Este ano, o campamento adáptase aos requisitios hixiénicos e sanitarios causados pola pandemia de COVID-19. Deste xeito, o programa organízase con grupos de 10 nenos por monitor que participarán en xogos e actividades ao aire libre, pero tamén visitas culturais.
Todas as actividades terán lugar nas instalación de Rialta na Zapateira, que conta con aulas e pistas interiores e exteriores. Os nenos poderán practicar actividades como a vela e o piragüismo (maiores de 10 anos). Haberá saídas semanais á Casa das Ciencias, Domus, Aquarium e outras alternativas.
O campamento celébrase entre o 22 de xuño e o 14 de agosto, de forma semanal.
A residencia Rialta é propiedade da Fundación María José Jove.