Denunciado por voar un dron dentro do espazo aéreo controlado do aeroporto de Alvedro

O Equipo PEGASO da Comandancia da Coruña denunciou hoxe a un home de 41 anos e veciño da cidade que levou a cabo numerosos voos cun dron no interior do espazo aéreo controlado do aeroporto de Alvedro.  Estas infraccións tiveron lugar xa dende a fase 0 do confinamento, e o aparato chegou a voar a 350 metros de altura e a case un quilómetro do piloto, unha “actitude neglixente” segundo o corpo de seguridade, xa que nesa altitude xa circulan aeronaves tripuladas nas proximidades do aeroporto. A lexislación impide que o drone supere os 120 metros de altitude ou que o piloto o perda de vista. O denunciado non dispón de licenza nin cumpre cos requisitios obrigatorios ditados pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea.

O espazo aéreo controlado esténdese ata oito quilómetros de radio dende o eixo da pista do aérodromo e outros seis na prolongación das cabeceiras. Isto inclúe todo o concello da Coruña e limítrofes, onde o uso recreativo de drones está prohibida.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s