Contra atrás nas obras da praza Elíptica dos Rosales

As obras de mellora da praza Elíptica no barrio dos Rosales entran estes días na súa recta final. A veciñanza gozará dun parque máis grande e con máis xogos para nenas en nenos de distintas idades. O Goberno local continúa deste xeito co seu programa de obras de mantemento e urbanización en distintos barrios da cidade.

O proxecto, que está a piques de finalizar e tivo un custo de 200.000 euros, incluíu unha ampla reforma no espazo destinado aos xogos infantís. A través deste proxecto seleccionado nos orzamentos participativos, o Goberno local mantén o seu plan para modernizar os parques infantís.

Retiráronse os xogos actuais e cambiáronse por outros e novo mobiliario. Ademais, se substituíu o solo de grava por pavimento mixto de caucho e céspede artificial. Instaláronse novos bancos de madeira ao lado do noiro que serven para separar as zonas de xogos para as nenas e os nenos de diferentes idades. No espazo para os máis cativos, colocáronse unha randeeira con asento bebe, un túnel e unha estrutura con tobogán; mentres que no espazo que usan as nenas e os nenos maiores se instalaron unha randeeira cesta, unha estrutura con forma de castelo e outra máis cun circuíto de redes de equilibrio e para escalar.

Na zona de xogos máis próxima á entrada do parque substituíuse unha das estruturas existentes por unha liña de cinco randeeiras, unha delas tipo cesta e mantense o asento adaptado que xa estaba na outra zona. Tamén se engadiu outro xogo novo de equilibrio e axilidade.

E, por último, na zona situada máis ao fondo do parque e dedicada aos máis cativos eliminouse o caixón de area e colocouse outra randeeira con asento para bebés.

A cativada poderá agora gozar dun espazo pechado con valado de madeira en que se colocaron catro casiñas e unha mesa con catro asentos. Tamén se utilizou un solo de pavimento de caucho con céspede artificial e se plantaron seis unidades de tileiros

Con esta actuación o concello dá resposta a unha vella demanda da veciñanza e continuidade ao plan de obras nos distintos barrios da cidade, para recuperar espazos e renovar outros, tanto no que se refire a obras de urbanización, como mellora de mobiliario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s