Volve o transporte urbano ao 100%

Coincidindo coa implantación da fase 3 de desescalada no proceso cara á nova normalidade, a Compañía de Tranvías reactivará a partir do luns, 8 de marzo, a totalidade do servizo habitual de transporte urbano. Así, o 100% da frota sairá á rúa para atender as necesidades de mobilidade das persoas usuarias.

Durante as últimas dúas semanas o servizo xa se viu incrementado nun 30% respecto á fase 1, e con este novo paso facilitarase á cidadanía que renoven a súa actividade movéndose nun transporte público e con todas as garantías de seguridade.

A Compañía de Tranvías manterá vixentes todas as medidas de hixiene e prevención xa establecidas como a colocación de biombos de seguridade na cabina do condutor ou as medidas especiais de limpeza e desinfección dos vehículos, que a partir da próxima semana incluirán a instalación de dispensadores de xel hidroalcohólico para as persoas usuarias.

A Compañía de Tranvías recibirá en breve a certificación AENOR fronte a COVID-19. Este selo avala a adecuada implantación de medidas de seguridade e hixiene de maneira que as empresas e institucións poidan garantir ás persoas usuarias, as súas empregadas e empregados e á súa clientela que nas súas instalacións están a desenvolverse prácticas eficaces para a xestión dos riscos derivados da COVID-19

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s