O PP aprema co convenio do Novo CHUAC

Asinar canto antes o convenio do Novo CHUAC para evitar que as eleccións autonómicas “contaminen o consenso” sobre o novo hospital. Esa é a solicitude que fixo hoxe o PP local, por boca do presidente da xestora, Martín Fernández Prado. Para os populares, é un importante investimento autonómico por valor de 400 millóns de euros que xa está en marcha logo da licitación do primeiro paquete de obras, polo que deixan a iniciativa agora en mans do Goberno local.

Por outra banda, Fernández Prado valorou negativamente os últimos movementos de Adif en relación coa Intermodal. O popular recorda que a Coruña é a única grande cidade galega que non comezou coas obras. O PP considérao difícil de entender cando “hai sintonía entre o Goberno local e a Xunta”. Neste sentido, indicaron a súa vontade de chegar a acordos sobre grandes proxectos co Goberno local, como a Intermodal, o novo CHUAC, a Cidade das TIC ou o desenvolvemento portuario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s