Exencións no deporte para as entidades sen ánimo de lucro

O Goberno local eximirá do pago da taxa por usar as instalacións deportivas os clubs e entidades deportivas sen ánimo de lucro. Permitiralles organizar aqueles actos compatibles cos usos destes espazos e nos que non se leve a cabo ningunha actividade económica e que propoñan o acceso gratuíto ao público asistente, ata o 31 de decembro de 2020, segundo anunciou hoxe en rolda de prensa o concelleiro de Deportes, Turismo e Festas, Juan Ignacio Borrego.

O concelleiro destacou que o Goberno local estudará a posibilidade de ampliar o prazo ata o remate da tempada 2020-2021, 31 de xullo de 2021, en función da evolución da pandemia. Tamén indicou que, independentemente deste anuncio, o Executivo local está a traballar nunha nova ordenanza de uso das instalacións deportivas municipais que pode supoñer a mellora destas medidas.

Borrego tamén anunciou que “o cumprimento do protocolo de desinfección das instalacións deportivas será asumido directamente polo concello mentres sexa esixido polas autoridades sanitarias e, ata que deixe de selo, naqueles actos compatibles cos usos das instalacións e nos que non se leve a cabo ningunha actividade económica e se propoña o acceso gratuíto ao público asistente”. Os labores de limpeza, sinalou, “xa eran asumidos polo concello e reforzados na actualidade seguindo as esixencias do protocolo da COVID-19”. Desde o Goberno local “queremos botarlles unha man nestes momentos ás entidades deportivas”, asegurou o edil.


Cíticas do PP
O PP emitiu un comunicado a continuación onde valora o anuncio, pero lamenta “o incumprimento da moción sobre deportes” que este grupo presentou no pasado Pleno, que foi aprobada. Naquela proposta recollíase a exención de taxas tamén no caso de actividades que xerasen ingresos “para axudar á súa recuperación económica”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s