Paso adiante na reforma do mercado de Durmideiras

A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión extraordinaria de onte a licitación das obras de rehabilitación integral do mercado de Durmideiras por un importe de 1.996. 345, 33 euros e un prazo de execución de 28 semanas. A reforma conta con fondos europeos e ten como obxectivo modernizar o edificio e transformalo nun punto de encontro para a veciñanza. Trátase dunha reforma integral que permitirá mellorar non só o edificio e a accesibilidade ás instalacións, senón tamén a contorna.

O concello reactiva deste xeito obras de mellora que se atopaban paralizadas e dá resposta a unha vella demanda veciñal. O Goberno local tamén ten previsto licitar as obras de reforma do mercado de Monte Alto antes de que remate o verán.

A alcaldesa, Inés Rey, asegurou que a reforma é unha mostra máis do “compromiso do Goberno local coa modernización dos mercados municipais” para a súa rexeneración e posta en valor. “Unha clara aposta polo comercio de proximidade, tal e como quedou demostrado nesta crise sanitaria, e pola creación de espazos urbanos de calidade nos barrios”, explica.

Os proxecto de rehabilitación do mercado sitúa na planta baixa os postos de venda cun espazo no medio para uso social. A planta alta será un espazo polivalente para o que aínda no están determinados os seus usos. Ademais, liberarase o espazo interior das dúas plantas, de maneira que a de arriba quedará diáfana e apta paraalbergar calquera tipo de evento promovido pola veciñanza. Na planta de abaixo reorganizaranse os postos e trasladaranse ao centro para que a fachada sexa totalmente aberta á rúa. O inmoble contará cun peche de cristal en todo o seu perímetro co obxectivo de darlle unha maior visibilidade á actividade comercial.

O proxecto enmárcase dentro da Estratexia EidusCoruña, que está financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do eixo de desenvolvemento urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España(POPE) 2014-2020″.

A Xunta de Goberno local tamén acordou adxudicarlle as obras de urbanización da rúa A Nosa Señora do Rosario á empresa Manuel Rivas Boquete SL, por un importe de 669.254 euros. Os traballos terán un prazo de execución de 6 meses. Estas obras están financiadas nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco doPrograma Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.

Na sesión de onte tamén se autorizou suspender as obras de restauración do Xardín de San Carlos (financiadas nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo plurirrexionalde España 2014-2020) ata o 30 de setembro de 2020. Fixarase a data de inicio das ditas obras para o 1 de outubro de 2020. Segundo o informe técnico, o inicio dos traballos en época estival poñería en risco a supervivencia dos exemplares catalogados, en especial dos olmos centenarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s