O BNG pide dragar xa a Ría do Burgo

Axilizar a tramitación do proxecto de dragado da Ría do Burgo e iniciar canto antes as obras, así como adoptar medidas de protección e vixilancia do ecosistema durante o proceso e logo de que este remate. Esa é a reclamación que fixo hoxe o BNG ao Goberno central a través do seu deputado no Congreso, Néster Rego. O Bloque recorda que “distintos colectivos ecoloxistas, sociais e o propio BNG veñen reclamando nos últimos anos unha actuación completa que permita recuperar o valor ambiental e económico da ría”

Os nacionalistas cren que o dragado debe formar parte dun proxecto integral máis amplo centrado na rexeneración do espazo antural. Así, iría acompañado dun plan de conservación e rexeneración ambiental que permita recuperar os seus valores ambientais e o seu potencial produtivo. Para exemplificar a degradación ambiental da zona, Rego afirmou que “a Ría do Burgo durante os anos oitenta deu traballo a preto de dous mil mariscadores e mariscadoras, mais agora a súa capacidade produtiva apenas chega a 20%, empregando unhas cen persoas”.

Néstor Rego instou a que os próximos Orzamentos Xerais do Estado inclúan unha parrida específica que permita comezar as actuacións de limpeza da Ría. O deputado recordou pasados incumprimentos da administración, como a partida dun millón de euros nos Orzamentos de 2017 que non chegou a executarse.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s