Ata 17.000 persoas recibiron atención municipal durante esta crise

A concellería de  Benestar Social atendeu durante o estado de alarma a preto de 17.000 persoas. Unha cifra que para o Goberno local representa “unha firme resposta de apoio e acompañamento as persoas máis vulnerables da cidade”.

A Concellería de Benestar Social reforzou todos os seus programas e puxo en marcha novos dispositivos para afrontar o incremento de solicitudes de axuda. No seu labor, o goberno local contou co apoio de asociacións e entidades públicas e privadas, e coa axuda das persoas voluntarias que traballaron sen descanso durante estes meses. Voluntarias e voluntarios que atenden ás persoas que se atopan en situación de dependencia e soidade ou que teñen mobilidade reducida e non poden saír da súas casa. Ademais, colaboran na repartición de bolsas comedor e de menús e alimentos a domicilio.

Coruña solidaria
A curto prazo, traballarase a partir do programa “Coruña solidaria”, incluído no Plan de Reactivación Económica e Social, (PRESCO). OGoberno local destinará un millón para emerxencia social; 250.000 euros empregaranse no programa de canguraxe e outros 250.000 euros máis destinaranse ao programa de acompañamento de persoas maiores, a través de entidades sociais. Por último, mellorarase a partida do programa de bolsa de vivenda en alugueiro con 150.000 euros máis.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s