Os traballadores sociais advirten dun “colapso total” se teñen que tramitar o Ingreso Mínimo Vital

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) rexeita que recaia nas e nos profesionais dos servizos sociais a tramitación do Ingreso Mínimo Vital (IMV) aprobado polo goberno central e que vén de comezar este luns a súa tramitación. Desde a institución afirman que é unha “prestación de carácter estatal como as prestacións por desemprego e, polo tanto, a súa competencia debe ser do sistema da Seguridade Social”. A Xunta de Goberno expresa a súa “preocupación” porque “o sistema galego de servizos sociais comunitarios está moi por enriba das súas capacidades” polo que “calquera acción relacionada coa solicitude do IMV (información, orientación, axuda na cumprimentación…) provocaría un “colapso total” do sistema.

O COTSG considera que “as funcións dos servizos sociais están vencelladas á atención directa que precisan as persoas e non como está ocorrer agora á execución de tarefas administrativas como se fose unha xestoría pública”. A Xunta de Goberno explica que “atendemos cada día cuestións cobertura de formularios, fotocopias ou instancias online e isto incrementouse durante o Estado de Alarma”. Ao fío disto engaden que “as persoas non teñen un nivel de alfabetización dixital suficiente para presentar as súas solicitudes ante as administracións no exercicio diario dos seus dereitos”. A Xunta de Goberno volve denunciar que os servizos sociais non teñen “o apoio, soporte e respaldo (a nivel de persoal, medios técnicos e espazo físico) co que outros sistemas si contan” o que os “relega” a “sistemas de segundo nivel”. Nesta liña subliñan que “paradoxicamente son equipos que mostraron o seu músculo social e o seu papel activo ao carón das persoas cando máis o precisaron nesta crise sociosanitaria que só está comezando”.

Financiamento desde os concellos

Por outra banda, a Xunta de Goberno tamén expresa a súa “preocupación” polo feito de que “os concellos vaian contribuír economicamente con máis de 70 millóns de euros anuais na xestión do IMV” e, reiteran que “é unha competencia do sistema da Seguridade Social”. Do mesmo xeito esixen unha “maior dotación para as administracións locais de máis fondos, persoal e recursos para destinar a servizos sociais comunitarios” pois “é  o único xeito de realizar unha atención de calidade centrada na persoa e de deixar de funcionar como diques de contención”. Desde o COTSG sosteñen que as “debilidades” do sistema en Galicia son “evidentes” ao non contar “cunha estrutura orgánica e funcional o suficientemente dotada, a pesar do elevado incremento da demanda de persoas en situación de exclusión ou risco de exclusión nos últimos anos”.

En conclusión, a Xunta de Goberno “aplaude” a medida de “apoio económico” aos colectivos máis vulnerables e “defende” que a “competencia do IMV recaia no sistema da Seguridade Social”. O “preocupante”, afirman, é o “escenario de intervención social ante a implantación do IMV” e entenden que “deben xerarse pasarelas necesarias co apoio funcional e estable aos servizos sociais comunitarios para dar continuidade ao acompañamento na intervención social cos colectivos de maior risco e vulnerabilidade social”. Tamén “preocupa como, de oficio, se van vencellar as persoas solicitantes ou beneficiarias de RISGA ao IMV e como se van traballar en adiante os proxectos de intervención e inclusión iniciados”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s