Veciños de Eirís reúnense co concello pola ampliación do CHUAC

A alcaldesa, Inés Rey, acompañada do concelleiro-delegado de Urbanismo, Juan Manuel Díaz Villoslada, reuniuse esta mañá coas e cos representantes da asociación veciñal de Eirís así como coas persoas afectadas polas expropiacións de terreos para construír a ampliación do Chuac co fin de escoitaren as súas reivindicacións e comunicarlles a postura do Goberno local.

A rexedora explicoulles que apoian a situación do novo proxecto, pero tal como acordaron coa Xunta queren que se realice conforme se produzan as menores afeccións posibles para as e os residentes da zona.

Inés Rey recordoulles que o Concello defende que a localización do complexo sanitario reduza ao mínimo o impacto sobre as vivendas de Eirís e minimice as expropiacións de carácter residencial. A alcaldesa lembroulles ás e aos veciños que xunto ao firme compromiso de aminorar as afeccións no barrio o goberno que preside tamén defende a construción do hospital espello nesta contorna.

Tamén se abordaron cuestións como a mellora da mobilidade coa posibilidade de implantar aparcamentos disuasorios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s