Inés Rey defende que sexa o Estado quen xestione o IMV

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, analizou hoxe a xestión do Ingreso Mínimo Vital xunto ao Ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, o presidente da FEMP, Abel Caballero, e unha vintena de alcaldes e alcaldesas de toda España, tres días despois da súa entrada en vigor.

Durante a reunión telemática, na que participaron un total de 23 Alcaldes e Alcaldesas, entre os que se atopan os das cidades máis poboadas e os daqueles municipios que contan con maior número de beneficiarios potenciais do Ingreso Mínimo Vital, expresouse a necesidade de contar coa axuda do Estado no caso de que as entidades locais tramiten este tipo de prestacións que non figuran no marco das súas competencias.

Inés Rey encomiou a posta en marcha desta medida como un avance histórico de especial relevancia social que trata de loitar contra a pobreza extrema, aínda que apuntou que para que sexa un modelo de éxito deberá estar acompañada dun seguimento dos beneficiados/as e non só dunha dotación económica co obxectivo de que as persoas poidan acceder ao mercado laboral”, destacou Rey.

O Concello colaborará con Instituto Nacional da Seguridade Social para achegar aos cidadáns a información do IMV, aínda que advertiu que as administracións locais non poderán facerse cargo da xestión directa destas axudas a menos que o Estado garanta unha achega económica que permita contratar a máis persoal.

Asegura que, no caso de que as administracións xestionasen este ingreso vital, veríanse obrigados a aumentar o cadro de persoal en Benestar Social, dotar de máis medios telemáticos á administración ou a ter máis espazos para os profesionais de Servizos Sociais.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s