Exposición fotográfica de Sebastião Salgado nos xardíns de Méndez Núñez

Desde hoxe e até o 19 de xullo pódese ver nos xardíns de Méndez Núñez a exposición “Xénese”, do fotógrafo brasileiro Sebastião Salgado, que retrata os lugares máis virxes do planeta, xunto ás xentes e aos animais que os habitan nun mosaico de 38 imaxes en branco e negro. A Fundación “la Caixa” e o concello ofrecen ao aire libre as imaxes do que foi Premio Príncipe de Asturias das Artes, en que capta a inmensidade de paisaxes únicas no mundo para se deter nos detalles e formas de vida das comunidades humanas e construír así un discurso que fala de Madagascar, Botsuana, do Parque Nacional de Kafue en Zambia, da meseta do Colorado nos Estados Unidos, de Alaska ou do arquipélago das Galápagos, en Ecuador.

“Xénese” é o terceiro gran proxecto do artista. Concibido nun principio para denunciar a desaparición de espazos únicos, as experiencias vividas por Salgado levárono a cambiar o rumbo da súa investigación cara a espazos que se manteñen intactos. O resultado son 32 anos coa cámara ao ombro que deron en instantáneas de desertos xigantescos e de terras xeadas da Antártida, bosques tropicais e cordilleiras dunha presenza impoñente. O fotógrafo homenaxea a natureza en todo o seu esplendor e o mundo animal: “Sentín que era un privilexio contemplar os ciclos da vida en continua repetición”, sinala Salgado. A mostra enmárcase dentro do acordo entre a Fundación “la Caixa” e a Xunta para a celebración do Xacobeo 2021.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s