Reaberto ao tráfico parte do carril peonil do paseo marítimo

O concello abriu hoxe á circulación de vehículos o tramo do carril do paseo marítimo que discorre entre as Escravas e a fonte dos Surfistas debido á alta densidade de tráfico que existe nesta zona do paseo e que estaba a provocar problemas de circulación na cidade. A Concellería de Mobilidade pretende con esta medida garantir a seguridade das persoas. O resto do carril habilitado durante a pandemia para uso peonil mantense. Así, o tramo entre os Surfistas e o dique de Abrigo seguirá sendo para as persoas viandantes. A restrición para os coches tamén se mantén entre as Escravas e a zona do Millennium-Portiño.

O persoal responsable da Concellería de Mobilidade está a estudar distintas actuacións para consolidar este carril para uso das peoas e dos peóns. Algúns tramos poderían ser utilizados para bicicletas e vehículos de mobilidade persoal, mentres que outros serán reformados para continuar a senda destinada ás corredoras e aos corredores.

A intención do concello é a de consolidar a maior parte dos carrís que se fixeron peonís de forma temporal durante o confinamento pola COVID-19.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s