Feijoo saca do frigorífico electoral os compromisos coa cidade

O Goberno galego pon o traxe electoral. O presidente autonómico, Alberto Núñez Feijoo, arrincaba formalmente na noite de onte na Coruña a campaña dunhas eleccións nas que pretende ser reelixido, logo do Consello da Xunta do mesmo día onde anunciaba varios investimentos pendentes na cidade. Na rolda de prensa posterior á xuntanza do Goberno autonómico fixo público o desenvolvemento dun centro de fabricación avanzada na Cidade das TIC cun investimento de 15 millóns de euros. Este centro, que o PP local reivindicou hoxe como unha mostra do compromiso de Feijoo coa cidade, require da colaboración do Concello e da Universidade, que deben ceder o terreo para a construción e habilitar os accesos, e xa fora previsto na presentación do proxecto da Cidade das TIC que o reitor da UdC, Julio Abalde, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, fixeran en febreiro deste ano.

Ademais, a Xunta anunciou un investimento de mellora nos centros de servizos sociais. No caso da Coruña, estas actuacións materializaríanse en obras na residencia concertada Concepción Arenal, e no centro de menores e centro de discapacidade San José de Calasanz.

O Consello da Xunta tamén aprobou destinar unha partida a mellorar e humanizar o acceso ao polígono de Sabón, unha necesidade que vén de longo. Sen embargo, outra grande infraestrutura autonómica como a pasarela de Agrela foi motivo de varias críticas veciñais polos desperfectos que xa presentaba na súa superficie ao mes da súa inauguración.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s