
A área sanitaria da Coruña perde unha quinta parte dos seus casos activos de COVID-19 nas últimas 24 horas. Se onte eran 102 os casos activos, hoxe son 81. A Xunta sinala que, en total, son 311 os casos activos en Galicia, sendo a de Vigo con 133 a área máis afectada. Entre as áreas de Vigo e da Coruña suman máis de dous terzos dos casos.
Do total de pacientes positivos en toda Galicia, 4 están hospitalizados e 307 no domicilio. Non hai ninguén con COVID-19 na UCI. Nos últimos días houbo importantes brotes na Mariña e no Barbanza.